¿Qué mellor día que o 23 de Abril? :) penso que ningún outro...
¿por qué? Día da Rosa... Día de San Xurxo... volve a mirar de novo o calendario... bingo!
DIA DO LIBRO... si bueno... isto non é un libro, pero en realidade non consisten ambos en trasmitir ideas, ocorrencias e emocións que nos andan a roldar polo maxín? :)
A verdade e que ultimamente de libros... os únicos que leo son os da facultade, e mais ben digamos apuntes con letras raras en codigos extraños copiados á presa... pero aínda asi nos chisquiños de tempo que me quedan pois botolle unha ollada a algún que outro libro que teño por aqui, por exemplo un que me resulta moi interesante: "Los hombres que no amaban a las mujeres" conspiracións empresariais, desaparicións extrañas e personaxes curiosas á par que capaces de enredarte na trama.
Aínda me lembro daqueles libros infantis doados de ler con debuxos grandes e letras xigantes.... que corrian o perigo de ser pintadas cos rotuladores ;p
Libros esquecidos nos baules dos desvans dos avós...
Libros que te engaiolan e que te sumerxen na súa historia facendoche rir e chorar cas súas personaxes...
Libros en fin para todolos gustos, de heroes, de medo e misterio, clásicos, modernos E-BOOKS... que aínda que eu mesma leo e escoito libros deste xeito virtual... pois no fondo non ten comparación co ler de sempre, co son das paxinas ó pasar, co cheiro dos libros novos... e é que os libros no fondo son a porta da ilusión... e os escritores... arquitectos de soños.
Espero que a ti que estás lendo isto che gusten as cousas que vaia contando por aquí sobre música, series, libros, curiosidades, opinións e todo o que se che ocorra e sempre con 7 letras...

¿O meu nome? pois... ten 7 letras ;)
No hay comentarios:
Publicar un comentario